Publicado o decreto polo cal se declara de utilidade pública e interese social o polígono agroforestal de Remuíño

Novas

Publicado o decreto polo cal se declara de utilidade pública e interese social o polígono agroforestal de Remuíño

Polo Acordo do 23 de xuño de 2022, da Presidencia da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, iniciouse o procedemento de aprobación para o desenvolvemento do polígono agroforestal de iniciativa pública de Remuíño, no concello da Arnoia (Ourense) (DOG núm. 130, do 8 de xullo), que motivou a elaboración do estudo de viabilidade previsto no artigo 84 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, que foi aprobado polo Acordo do 22 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral da Axencia, e do que se deduce a conveniencia de levar a cabo o desenvolvemento do polígono agroforestal e a súa declaración de utilidade pública e interese social.

Esta iniciativa, enmarcada na Lei de recuperación da terra agraria, porá en valor 224 hectáreas, distribuídas en 6.753 parcelas de 780 propietarios.

A zona delimitada está na área de actuación da Denominación de Orixe Ribeiro e a Indicación Xeográfica Protexida Pemento de Arnoia, existindo unha gran demanda de terreos para a mellora da estrutura territorial de explotacións xa existentes ou a posta en marcha de novas iniciativas produtivas vinculadas á produción vitivinícola, de horta, á gandaría extensiva ou ao aproveitamento forestal.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240304/AnuncioG0426-220224-0009_gl.html

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tes algunha dúbida?

Si tes algunha dúbida podes comunicarte connosco a través de calquera das canles de comunicación do Concello.

Scroll ao inicio