Persoeiros relevantes

Persoeiros relevantes

Estes son algúns dos persoeiros máis relevantes orixinarios do municipio de Arnoia. Sendo orixinarios da nósa terra, víronse forzados, coma moitos outros arnoienses, a emigración. Sendo lonxe da súa terra onde destacaron pola súa labor e traballo en distintos campos, e levando sempre como estandarte os seus orixes, a súa terra, Arnoia.

Un persoeiro coñecido é D. José Santamaría do Clube Nacional de Fútbol de Uruguai, da selección uruguaia e do Real Madrid. Gloria do fútbol uruguaio e home destacado no Real Madrid.

En Montevideo, a xente recordao como “o galego Santamaría”. Periódicamente acude a Arnoia a visitar aos seus primos e amigos, na actualidade reside coa súa familia en Madrid.

Falar de Pepe Santamaría é falar dun home sinxelo e solidario.

Historia de José Emilio Santamaría (Montevideo, 31 de xullo 1929)

José Emilio Santamaría Iglesias nace en Montevideo o 31 de xullo de 1929, cidade elexida por moitos emigrantes, entre eles os seus pais, para establecerse e labrarse un futuro. Os seus pais foron galegos da Arnoia que decidieron sair do seu pobo ante a necesidade de mellorar, nunha familia con moitos irmáns onde os recursos limitados obrigaron a algúns deles a buscar a súa sorte noutros lugares. É así como se atoparon varios destes arnoienses no exterior, formando comunidades que mantivieron moitas das suas tradicións e en cuio seo se formaron centos de familias galegas.

No seu caso foi fillo único. Con moito cariño e ansias dalgún día coñecer a terra dos seus antepasados, foi coñecendo a orixe galega,a seu idioma, as súas comidas, as súas costumes e bailes, a través das reunións que organizaban os emigrantes arnoienses, xeralmente os domingos, día de descanso de todos eles. A maioría eran obreiros, de bares, restaurantes, hospitales, en fin xente con gañas de mellorar honradamente.

Tivo a sorte de ter un pai fenomenal con enorme prestixio dentro dos hospitais de Montevideo. Era un enfermeiro (A.T.S.) moi querido polos seus pacientes e respetado polos médicos e as relixiosas coas que traballaba.

Así foi crecendo, estudiando e rompendo zapatos a montos coa práctica do fútbol. Cursou estudios de contabilidade que completou cunha preparación bancaria que lle permitiu traballar no Banco Francés Italiano e posteriormente no Banco de Galicia, ó mesmo tempo que xogaba o fútbol. A primera ilusión foi chegar a xugor no equipo do seu barrio, o Pocitos de Montevideo, e dende ahí, e con moito esforzo, progresar hacia equipos máis poderosos, como o Clube Nacional de Fútbol de Montevideo e a mesmísima Selección Nacional da República Oriental do Uruguai. Tivo acerto, que combinado con moito sacrificio, disciplina, constancia e dedicación lle permitiu ser titular capitán do Clube Nacional de Fútbol de Montevideo durante 12 anos e da Selección Nacional do Uruguai durante 7 anos.

Foi tamén Presidente da asociación Mutual Uruguaia de Futbolistas Profesionais (MUFP) onde defendeu os dereitos dos futbolistas chegando incluso a participar nunha folga que durou dez meses. Foi un momento moi difícil que superou por ter un traballo bancario namentras moitos compañeiros de fútbol o tiñan na construcción.

A súa vida trascurriu felizmente sempre rodeado de moitos emigrantes galegos, xa que as reunións eran frecuentes. Unha tarde de abril chega una carta do Clube Nacional de Montevideo cunha invitación por parte do Presidente do Real Madrid C.F., Don Santiago Bernabeu, para ir a xogar a Europa por catro anos. Don Santiago seguira a súa carreira deportiva dende que o viu xugar no mundial de fútbol de Suiza en 1954 coa selección uruguaia. Por aqueles tempos as comunicaciones eran moi lentas, polo que o acordo final para xogar o fútbol co Real Madrid non se firmou ata apenas quince días antes da final de la Copa de Europa que o Real Madrid disputou no estadio Chamartín de Madrid contra a Florentina italiana.

Co apoio incondicional da súa mujer Nora, e co primeiro dos seus fillos xa nacido, veuse a España o 25 de Maio de 1957 a xogar co Real Madrid. A súa etapa neste clube foi maravillosa en tódolos aspectos, tanto deportivos como sociais. Conseguiu ser co Real Madrid campeón de liga, de copa de Europa e copa internacional en varias ocasións, ademais de gañar innumerables trofeos en España e no exterior.

Formou una fermosa familia de 7 fillos e 12 netos, que permanece unida e feliz.

O deixar o fútbol dedicouse a entrenar, conseguiendo co Real Madrid os títulos de campión nacional e amateur de España en 1967 e 1968 e posteriormente coa selección español amateur o campionato de Europa en 1970.

Entre 1971 e 1977 entrenou o Real Club Deportivo Español de Barcelona logrando o terceiro posto no campionato nacional de liga española e semifinalista na Copa do Xeneralísimo. Nestos anos foi profesor e director da Escola de Entrenadores Profesionales de Fútbol.

Entre 1978 e 1982 tivo a suerte de estar na Real Federación Española de Fútbol onde creou todalas seleccións actuales de fúltbol base español. Selección sub-15, sub-16, sub-17, sub-19, sub-20 e olímpicos (con dous maiores de 23 años), verdadeira canteira do fútbol de seleccións actual. Entre 1980 e 1982 foi seleccionador nacional. Tras o mundial de 1982 de España retirouse profesionalmente do fútbol.

Sempre tivo presente as súas orixes galegas. Levou no máis profundo do seu corazón momentos e imaxes inesquecibles da terra arnoiense de San Amaro e da Ponte, os pobos onde naceron os seus pais e onde mantén estreito contacto cos seus primos.
Sin lugar a dudas o seu sentimento de galego-arnoiés estivo sempre na súa vida.

Vida profesional e títulos conseguidos

CLUBE NACIONAL DE FÚTBOL (Montevideo-URUGUAY)

Campión Xuvenil
1945 Campión Uruguaio
Campión Xuvenil
1946 Campión Uruguaio
1ª División:
1947 Campión Uruguaio e Honra
1948 Campión Uruguaio e Competencia (parou a liga por 10 meses, folga)
1950 Campión Uruguaio
1952 Campión Uruguaio e Competencia
1953 Copa internacional “Montevideo” – Campión Urugaio
1954 4º Campionato Mundial en Suiza
1955 Campión Uruguaio
1956 Campión Uruguaio
1957 Campión Uruguaio (Maio traspasado o Real Madrid)

REAL MADRID R.F.:

– Campión de Liga (5 Títulos)
– Campión Copa de Europa (4 veces)
– Sub-campión Copa Europa (2 veces)
– Campión Intercontinental
– Campión Español Amateur 66-67 (Real Madrid)
– Trofeos verán Carranza
– Campión Copa Xeneralísimo
– Medalla de Plata ao Mérito Deportivo- Seleccionado 16 veces (non permitiu FIFA a xogadores que xogaran noutras seleccións)
– Entrenador Fútbol Amateur-Xuvenil e Responsable Deportivo 66 ao 68 do fútbol base.

REAL CLUBE DEPORTIVO ESPAÑOL:

-ENTRENADOR: 7 anos como entrenador 1970/1977
-Trofeos verán Carranza
-Trofeos verán La Línea
-2 Participacións Copa UEFA

R.F.E.F. (REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE FÚTBOL):

-Campión Europeo Fútbol Amateur (70 Italia)

-Seleccionador Amateur-Juvenil 68-70

-Seleccionador Profesional 80-82

-Xogos del Mediterráneo (Bronce) – Túnez

-Xogos Olímpicos de México

-Xogos Olímpicos de Moscú

-Xogos Fedu – Yugoslavia (Plata)

-Coordinador Fútbol Español Base 78/82 Sub15,Sub 16, Sub17, Sub19, Sub 20 e olímpicos con 2 maiores de 23 anos.

-74/82 Profesor

-74/82 Director Escola Nacional de Fútbol Español

É un home moi coñecido en Bos Aires.

O seu restaurante na rúa Córdoba de Bos Aires, foi un lugar de comidas moi apreciado polo mundo artístico, O restaurante de “Fechoría”.

Pepe, co seu proverbial simpatía recibía aos visitantes coma se fose un Showmam arnoienses que visitaban Bos Aires eran recibidos como irmáns.

Cada vez que Pepe Fechoria viña ver á súa nai e aos seus irmáns compartía e organizaba festas que aínda recordan os seus veciños.

Pepe, sempre estivo moi integrado ao mundo da “Farándula”. Era moi coñecida a amizade con Julio Iglesias, que logo rompeuse.

No seu restaurante comeron dignatarios de Arxentina e outros paises. Lamentablemente a crise tocoulle de preto.

Non foi un home público no sentido estricto do término, pero sí un distinguido arnoiense.

Nacido en Remuiño, emigrou de xoven a Bos Aires onde se destacou como Despachante de Aduanas, desempeñando con gran capacidade e honradez a súa profesión, adicada á xestión de importación e exportación de mercadorías.

Cando os seus ingresos llo posibilitaron, adquiriu una amplia propiedade na calle Pringles, dotada de varias habitacións. Nela diu cobixo ós arnoienses que, sen ter familia en Arxentina, desembarcaban no porto de Bos Aires. Antonio vinculabaos con empresas procurándolles emprego. Os seus paisanos, como única retribución, a medida que obtiñan estabilidade laboral independizabanse, deixando sitio na casona a outros que ían chegando.

Antonio e Olga constituiron un matrimonio exemplar, onde o amor á familia foi un dos seus eixes. O outro, un formidable cariño por Arnoia, alimentado infatigablemente día tras día.

Os emigrantes arnoiense sempre se caracterizaron pola solidaridad. Así o testifican os Estatutos do Centro Arnoya de Montevideo (ano 1927), que se poden consultar nesta mesma páxina web.

Aquelos pioneros, movidos por tan noble sentiminto, sentaron as bases para unha Arnoia unida na emigración e apartada da xeográficamente distante Arnoia natal.

As décadas florecentes da primeira metade do século XX, cederon protagonismo a xeracións de fillos de aqueles emigrantes precursores, namentres tiñan lugar novas oleadas migratorias. A partir dos anos 60, estos deberon afrontar a declinación económica, e a partir dos 70 a inestabilidade institucional, que trouxo consigo a supresión das garantías individuais e a eliminación do dereito de reunión. Entón, os Centros Arnoienses como tales, deberon delegar o seu protagonismo ás iniciativas individuais, ou sexa en persoas de fortes conviccións, identificadas co seu ideal fundacional.

É entón, cando Antonio se revela na súa verdadeira dimensión.

A él débese, en boa medida, que o espírito da Arnoia Emigrante sobrevivira ás dificultades da época. Tanto revitalizou os lazos de amizade, como reafirmou os vínculos familiares.

Xamais acusou fatigas para visitar os seus veciños residentes en Bos Aires.

Acompañado sempre pola súa esposa Olga e o seu fillo Daniel, cruzaba a Uruguai periódicamente realizando innumerables visitas a arnoienses radicados en Montevideo.

Con igual vitalidade viaxaba ó seu pobo natal, onde reforzou as pontes de comunicación. E como corolario dos seus esforzos, o “Embaixador de Arnoia”, emocionado, viu realizados os seus mellores soños nas Viaxes de Re-Encontros dos anos 90

Tivo unha vida exemplar. Soubo ser un auténtico arnoiense. O nome de Antonio Moure Santamaría está inscrito con letras indelebles na memoria individual e colectiva, de quenes aquí ou máis aló do Atlántico levan a Arnoia na alma.

José Romariz Corbacho (1939-2004)

José Romariz foi, sen dúbida, unha das personalidades máis relevantes do quefacer empresarial, cultural e social da colectividade española (ostensiblemente a galega) no Uruguai dos últimos tempos.

Foi o menor de cinco irmáns, fillos do matrimonio Esperanza Corbacho e Antonio Romariz “o zapateiro” e nace en Arnoia -súa terriña sempre lembrada- un 4 de febreiro de 1939. Queda orfo de pai aos 6 anos, e de nai aos 12.

Dende moi cedo -aos 14 anos- comeza a traballar nunha fábrica de gaseosas no seu pobo natal, iniciando así o que sería a constante dunha vida pletórica de esforzos marcada por logros que foron, invariablemente, o resultado da súa intelixencia do seu tesón.

Comeza a súa vida de emigrante en A Coruña, traballando nunha fábrica de xabróns, e na construción máis de 10 horas diarias, mentres estudiaba polas noites. Acada o “título”, e entra como cadete no Banco de Bilbao.

Reclamado pola súa irmá, Cesárea, emigra ao Uruguay aos 18 anos de idade, e comeza a traballar como repartidor en bicicleta, nunha cadea de almacéns. Case de inmediato ingresa como recepcionista nun Hotel (Pirámides). Alí aprende inglés no trato cotián cos clientes e coa colaboración dunha mestra que se aloxa nese hotel. Dous anos máis tarde iníciase como operario de máquinas nunha fábrica de plástico (Plastecnia) onde, ao pouco tempo, é ascendido a encargado.

Aos 22 anos cásase coa súa compatriota Pilar Ramos -dese matrimonio nacerá a súa primeira filla, Esperanza- enviuvando aos dous anos do seu nacemento.

Pouco tempo despois, coa pequena filla ao seu cargo, pero impulsado por unha ansiedade de superación inquebrantable, botouse á aventura de crear os alicerces da súa propia empresa: co apoio de amigos e familiares, arma unha máquina de soprado para plástico e renuncia ao seu traballo. Por ese entón, en 1965, coa axuda do seu futuro sogro, e a dun empresario, que intúe o seu potencial, e que pon á súa disposición a súa carteira de clientes e un local para montar a industria, funda a fábrica de plásticos “Ferroco S.A.”

No ano 1967 cásase con outra coterránea, Blanca Nieves Ferreiro, e desa unión, nacerán os seus restantes 4 fillos: Cristina, Antonio, Víctor e Rosalía.

“Blanquita” (así era coñecida por todos), esa compañeira inseparable de tódolos momentos, falece en xaneiro de 1999, vítima dun desgraciado accidente automobilístico, ante a dor e a consternación dos deus familiares e de todos cantos a coñeceron.

O seu apoio foi un factor importante para alcanzar metas empresariais nunca antes imaxinadas, como mercar local propio, contar con máis de 30 máquinas e converterse nunha das industrias do ramo máis importantes do Uruguai.

Blanquita falece en xaneiro de 1999 vítima dun desgraciado accidente automovilístico, ante a dor e a consternación dos seus familiares e de todos cantos a coñeceron.

Tres anos máis tarde, lle diagnostican unha enfermidade incurable, situación ante a que asumiu unha actitude digna de admiración e respecto: primeiro librando unha loita tenaz, serena e consciente contra a súa doenza, e logo demostrando unha extraordinaria enteireza ao achegarse ós momentos finais.

Unha postura coherente co que foi toda a súa existencia.

Casa con Gladys Sena seis meses antes do seu pasamento.

Falece o 2 de xullo de 2004.

Atendendo a súa vontade, as súas cinzas foron esparexidas: a metade, nos arredores da fonte do “Inquiau”, desde onde el carrexaba auga no seu primeiro traballo, e a outra metade en Montevideo, sobre o río Uruguai donde el ía a pescar cando mozo.

Como integrante da colectividade española en xeral, e da galega en particular, foi directivo de numerosos organismos e institucións aportando, constantemente, toda a súa enerxía, os seus coñecementos e a súa xenerosidade:

  • Directivo da Cámara de Comercio Española.
  • Directivo da Asociación de Industrias de Plástico del Uruguay.
  • Presidente e Directivo da Asociación de Empresarios Gallegos del Uruguay.
  • Directivo do Centro Gallego del Uruguay (foi Presidente da súa Comisión de Cultura).
  • Secretario e Directivo do Hogar Español de Ancianos.
  • Directivo do Club Español.
  • Conselleiro xeral do Consejo de Residentes del Uruguay (CRE).

Como ser humano, máis aló do empresario exitoso, hai que destacar múltiples facetas que o sitúan como unha persoa de trato moi cordial, afectuoso e humilde ao mesmo tempo, pero dunha firmeza inclaudicable cando se trataba de defender os seus principios e conviccións. Capítulo aparte desa personalidade atrapante, merece o seu acrisolado concepto da amizade, que cultivaba con verdadeira devoción, porque, por sobre tódalas cousas, el era O AMIGO, xa que tiña unha facilidade innata para prodigarse, para brindarse.

E non poderiamos finalizar esta breve apunta, sen facer fincapé en algo que constituía nel, case unha obsesión, cada vez que o tema era Galicia: a lembranza permanente de Arnoia, súa terra natal, salferida de recordos e anécdotas da adolescencia, que se revitalizaban con cada unha das súas frecuentes viaxes ao chan que o vira nacer.

Noso himno galego, entre outras cousas, refírese con verdadeira devoción aos “bos e xenerosos” e, para todos, Romariz foi un “bo e xeneroso” e así haberá de ser lembrado sempre.

Historia dun loitador

Fai moito tempo, alá polo ano, 1948, con só 13 anos, un neno partía, cara a América, Arxentina, en procura de ilusións, proxectos e un futuro posible.

Alí, atopouse cos seus pais, quen algúns anos antes xa comezaran a traballar e progresar en terras afastadas; estudou, traballou e soñou cunha vida, que puidese engrandecer a aquel neno, que comía uvas a beiras da ribeira do río Arnoia.

Diego completou os seus Estudos Básicos, traballou de vendedor de café, cantante, bancario e estudou Medicina. Precisamente nunha festa no “Centro de Panaderos” no que estaba actuando como cantante dun grupo de ritmos latinos e tropicais coñeceu á moza que había sido elixida a raíña da festa e a partir de aí Susana formaría parte da súa vida.

O duro traballo, lonxe do seu chan natal, levou moitos anos.

Desenvolveu unha carreira brillante, converteuse en Médico, gran Especialista en Xinecología e Mama, Xefe de Servizo no Hospital Pirovano de Bos Aires e colaborador-redactor de congresos e xornadas por varios países, dedicou toda unha vida a forxar o seu futuro e o da súa familia.

No ano 1980, con 45 anos, regresou a Arnoia, acompañado por toda a súa familia, dando renda libre a aquela morriña, que sentira, durante a súa carreira. Nesa viaxe acompañou ao seu pai D. Apolinar que retornaba para Ou Bacelo onde se afincou cos seus irmáns.

No ano 1986 dictou unha conferencia sobre Cancro de Mama, no Complexo Escolar da Arnoia; todo un pobo, gozou e festexou ese momento, vendo a aquel neno, convertido nun gran médico, un home de agallas e de ben, que quería compartir co pobo e a xente que o viu nacer, o éxito dunha vida dedicada ao Traballo e á Saúde Pública.

Todo cambiara, aqueles anos, a dor da partida, a necesidade de abrirse camiño noutras terras, uníanse nun abrazo fraterno, co chan das súas orixes: ARNOIA.

Dieguito, o menor dos fillos de Diego, licenciado enxeñeiro, realizou un master en Madrid no ano 1994 e no 96 ingresou en American Expres Madrid, onde desenvolve a súa vida laboral nun posto directivo e residindo na capital de España coa súa esposa e fillas. A súa irmá Gabriela vive en Bos Aires en compañía do seu esposo e tres fillos e traballa no mesmo hospital que o seu pai, como Psicóloga clínica – Div. Alimentación.

Diego, o seu pai, os seus fillos e os seus netos, hoxe regresan a Arnoia, en procura, daquela morriña, da súa historia, da súa identidade, do sabor das súas vides, o cheiro dos seus carreiros e a necesidade de recoñecerse nun lugar no mundo. O lugar dos seus devanceiros.

Doutor Diego Rodríguez Rei, para algúns, O galego, para outros loito, creceu, e viviu, sabendo que a vida estaba aí, para vivila, para coidala, para curala; coa plena convicción de que a distancia, non era tan grande, que o esforzo valía a pena, e que o sentimento sempre estaba con el nos seus pensamentos e o seu corazón Arnoia, Ourense, España…

Evencio Meixengo Armada naceu o 18 de novembro de 1943 en A Arnoia. Pasou a súa neñez e o seu período escolar no noso municipio. Aos 16 anos de idade empezou a aprendizaxe de albanel nunha pequena empresa de construcción da Arnoia cuio propietario era Juan o Portugués.

Cumpridos os 18 anos, o 11 de xuño de 1962, emigrou a Alemania, cun contrato de traballo de 1 ano pola empresa Ferrocarrís Alemans. Instalouse en Lehrte, unha pequena cidade ás aforas de Hannover no estado federal de Baixa Saxonia. Naquela tiña uns 10.000 habitantes (hoxe supera os 60.000).

Os seus primeiros meses foron bastante duros, xa que o traballo no ferrocarril era moi pesado. Coincidendo coas vacacións escolares conoceu a dous estudantes da Universidade de Hamburgo que pasaban as vacacións na casa dos seus pais en Lehrte. Estes mozos falaban bastante ben o castelán, e así no tempo libre que pasaba con eles aprendeu alemán. Os fins de semana que podía os visitaba en Hamburgo, onde veu por primeira vez aos Beattle antes de saltar á fama.

Ao terminar o ano de contrato saíu da residencia da empresa e foi a vivir á casa dos pais dun amigo. Esta familia buscoulle un posto de traballo nunha empresa de construccción sendo el o único estranxeiro no cadro de persoal, e grazas a súa aprendizaxe do alemán non tivo problemas de integración.

Debido a que os invernos ían moi frios, o traballo na construcción levabase mal, por eso en 1965 decidiu cambiar de traballo, incorporándose á empresa de vehículos Volkswagen de Hannover, onde permaneceu dous anos.

No verán de 1966, durante unhas vacacións en España, coñeceu a Paula, e en xaneiro de 1967 casouse en Francelos-Ribadavia. Dende ese momento comenzou a ter máis contacto coa colonia española. Na cidade de Lehrte naceron as súas tres fillas e os seus tres netos.

Dende esa data seguiu a traballar pola súa conta, realizando as obras de colexios e garderías para os municipios da rexión, así como todo tipo de vivendas unifamiliares. Realiza obras para o Ministerio de Traballo (remodelación da Casa de España ubicada no Consulado Xeral de España en Hannover) e para o Ministerio de Turismo (Oficina de Información e Turismo en Berlín). Hoxe a empresa conta con 25 traballadores fixos, ademáis das contratacións temporais.

No verán de 1967 o seu antigo mestre de construcción pidiulle que voltara a traballar con el, ofrecéndolle a oportunidade de traballar e facer os estudos de mestría. En 1969 tiña a mestría e pasou a formar aos aprendices alemáns da empresa, este cargo de responsabilidade na empresa axudoulle a dar postos de traballo a moitos españois, principalmente galegos nela.

En 1979 o seu xefe, que fora como un segundo pai, xubílase e pasa a empresa a máns do seu fillo, que en xuño de 1981 decide pechala. Entón decidiu establecerse pola súa conta e manter unha parte dos obreiros. Non resultou nada doado, xa que naquela época estaba prohibido cos estranxeiros traballanse coma autónomos, e esta prohibición constaba no permiso de residencia. Siguindo indicacións da Cámara de Comercio conseguíu que a Policía de Estranxeiros de Hannover anulase a prohición, convertíndose así na primeira empresa rexistrada na Cámara de Comercio por un emigrante español.

Dende 1983 ata 2006 perteneceu ás diferentes directivas do Centro Galego de Hannover en función de Presidente ou de Vicepresidente.

Scroll ao inicio