Arnoia emigrante

Arnoia Emigrante

A Arnoia, como a maioría dos concellos galegos sufriu na década dos 40 unha forte fuxida (podemos chamala así) cara á emigración na procura dunha mellor nas condicións de vida dos que marchaban e máis dos que quedaban. Os países de destino foron, especialmente Arxentina e Uruguay. Nas capitais destes países, os primeiros que chegaron alí crearon o “Centro ARNOIA de Bos Aires” e o “Centro Arnoia de Montevideo”. Neles xuntábanse para compartir as súas penurias e inquedanzas e alí recibían aos novos veciños que ían chegando e entre todos tentaban buscarlles traballo, lugar de residencia, etc… Dende estes centros enviaron remesas de pesos para A Arnoia para paliar as deficiencias dos familiares e veciños que aquí quedaron.

Os de Buenos Aires conseguiron coa súa axuda que se instalara a “luz eléctrica” en Arnoia. Os de Montevideo que se construira a “torre do reloxo” en San Roque, sen esquecer nunca as pequenas axudas directas para os familiares.

Tamén algúns veciños dirixironse a Venezuela, México, Brasil, e outros, en moito menor número. Nas décadas seguintes a emigración abríuse a outros destinos centrándose en Europa: Suiza, Alemania, Francia, e incluso Holanda e Reino Unido.
A emigración europea supuxo unha fonte moi importante de divisas. Estes emigrantes con moito traballo (coa dificultade engadida do idioma) conseguiron uns importantes aforros que investiron en negocios, en construción de vivendas, en compra de pisos e en melloras das súas condicións de vida. A grande diferencia cos que emigraron a Hispanoamérica é que todos os anos aproveitaban as vacacións para visitar a súa Arnoia natal e ir coidando a súa familia mentres, os do outro lado do Atlántico, tanto pola lexanía como polas distintas crises que atravesaron eses países, na maoría dos casos non poideron voltar. Con estes arnoianos o Concello organizou no ano 1992 un programa “reencontros” que achegou ata Arnoia a 170 veciños, que moitos deles nunca viñeran á terra que os viu nacer.

Na actualidade o número de arnoianos residentes no estranxeiro e inscritos nos consulados como tales distribuense do seguinte xeito:

Alemania
Argentina
Australia
Brasil
Canadá
Cuba
EEUU
Francia
Luxemburgo
México
Holanda
Perú
Portugal
Reino Unido
Suecia
Suiza
Uruguai
Venezuela
TOTAL

30
241
1
42
1
6
3
15
2
7
1
2
4
2
1
6
279
48
691

Os galegos, e os arnoianos non podían ser menos, son uns grandes traballadores e forxaron, en moitos casos, un fermoso porvir nos seus países de acollida. Podemos así destacar algúns “persoeiros relevantes” de Arnoia, aínda que en tódolos casos, os arnoienses, traballaron a reo para vivir dignamente e levar con orgullo o nome de Arnoia por todo o mundo. Debe quedar claro que eles non se foron da Arnoia, levaron A Arnoia para alí onde tiveron que traballar para vivir con dignidade e en moitos casos para poder regresar á súa terra coas condicións precisas para facelo.
Existe unha emigración interior moi centrada en Madrid, Vitoria e Barcelona, onde viven grupos de arnoianos moi ben relacionados. Tamén Vigo e Ourense, cidades que hai anos, ao non ter as vías de comunicacións actuais, obrigaban a fixar nelas a residencia. Hoxe en día moitos veciños traballan nelas e seguen a residir na súa aldea.

Enlaces de interese

Guía de retorno

Scroll ao inicio