Concurso de Carteis da XLIII edición da Festa do Pemento

Novas

Concurso de Carteis da XLIII edición da Festa do Pemento

Concurso de Carteis da XLIII edición da Festa do Pemento

Arnoia busca gañador para o segundo Concurso de Carteis da XLIII edición da Festa do Pemento

    • O obxectivo é fomentar a creatividade e dar a coñecer a festa e a diversidade, riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do Concello, así como espallar e promover a arte.
    • Haberá un único gañador que obterá un premio de 1.200 € e a data límite para entregar os traballos é o 20 de maio.
    • A Festa do Pemento de Arnoia terá lugar do 5 ao 7 de agosto.

 

O Concello de Arnoia confirma a celebración da súa XLIII Festa do Pemento cunha nova edición do seu Concurso de Carteis. Comeza a conta atrás para atopar o gañador do cartel que ten un mes de prazo para dar forma e imaxe a esta festa de interese turístico galego. Exactamente dende hoxe ata o próximo 20 de maio. O concurso terá un único gañador/a que obterá un premio en metálico de 1.200 €. Está dirixido a deseñadores, artistas e creadores que residan en España, axustándose as bases que estarán penduradas na páxina web da festa. Só se poderá presentar un deseño por participante. As propostas dos carteis deberán ser obrigatoriamente presentadas polos autores.

A organización resérvase o dereito a reclamar o importe do premio se nalgún momento posterior á concesión detectase un incumprimento das bases, así como a rexeitar previamente a concurso os carteis que incumpran o estipulado nas bases. En canto á tematica, abarca todo o relacionado con esta festa dende os preparativos ata a propia celebración, así como a semente. O obxectivo é fomentar a creatividade e dar a coñecer a festa e a diversidade, riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do concello de A Arnoia, así como espallar e promover a arte.

 

I CONCURSO DE CARTEIS

Na edición pasada, o deseñador Rubén Lucas García foi o gañador do concurso de carteis. Este murciano foi elixido polo xurado, que destacaron que a obra de García Lucas representaba á perfección a tradición, o sentir e a esencia da Festa do Pemento e a súa localización en Arnoia. O ilustrador tivo en conta na súa representación detalles da localidade como a súa torre do reloxo, a igrexa, o seu característico conxunto de hórreos, as súas augas mineromedicinales e tamén a tradición do viño desta zona situada no corazón do Ribeiro.
A súa obra destacou entre as 160 propostas que se presentaron procedentes de Reino Unido, Italia e as diferentes comunidades autónomas.

 

O xurado da pasada edición estivo formado polo artista urbán, Mon Devane, o fotógrafo, Brais Lorenzo, o ilustrador, Xosé Lois González “Carrabouxo”, o presidente de Markea, Asociación Galega de Marketing y del Clúster de Comunicación de Galicia, José Luis Reza e a concelleira de cultura del Concello de Arnoia, Purificación Domínguez.

FESTA DO PEMENTO DE ARNOIA 2022

A Festa do Pemento celebrarase os próximos 5, 6 e 7 de agosto, despois de dúas edicións en pandemia.
Este ano recuperará toda a súa esencia coa tradicional degustación dos pementos, actuacións musicais e moitas sorpresas que se irán desvelando nas redes sociais da festa e do propio concello.

Fai click na seguinte imaxe ou ligazón [pementosdearnoia.com] para descargar as
BASES DO CONCURSO →

Tes algunha dúbida?

Si tes algunha dúbida podes comunicarte connosco a través de calquera das canles de comunicación do Concello.

Scroll ao inicio